27 Mar Espina & Delfín | Dosier de actividades
Espina & Delfín entende a responsabilidade social corporativa como unha actividades máis dentro do noso proxecto empresarial. Unha destas actividades son as visitas didácticas ás nosas instalacións. Poñemos a disposición dos centros educativos e asociacións un protocolo de visitas guiadas ás instalación que xestionamos para coñecer in situ os procesos de depuración.
Unha vez finalizadas as visitas entregamos un dosier de actividades sobre o ciclo integral da auga para que o alumnado poida repasar o aprendido nas visitas.
Actualmente estamos vivindo un estado de alarma e temos que permanecer en cuarentena nos nosos fogares. Por iso, queremos compartir este dosier, para que os estudantes poidan aprender e pasar un rato entretido.