Espina & Delfín dona tapóns para a campaña “Tu ayuda = mi ilusión”

Espina & Delfín colabora dende o 2011 coa iniciativa “Tu ayuda = mi ilusión” que ten como obxectivo apoiar á familia Rey Mourelle no tratamento de Matías, un neno que padece parálise cerebral, epilepsia e cardiopatía aórtica, entre outras doenzas. O seu desenvolvemento cognitivo non se corresponde ao dun neno da súa idade e necesita de numerosos tratamentos e coidados para mellorar a súa calidade de vida.

A familia Rey Mourelle iniciou fai anos unha campaña de recollida de tapóns para poder costear as operacións e terapias que recibe Matías. Grazas a esas intervencións, conseguiu poñerse en pé e camiñar aos oito anos. Matías recibe nunha clínica de Guadalajara un tratamento de neurorrehabilitación intensiva para mellorar a súa elasticidade e movementos muscular. Espina & Delfín realizou unha gran recollida de tapóns entre as persoas que traballan na compañía para contribuír ao financiamento deste terapia.

Debido á covid-19 a familia paralizou a recollida de tapóns. A doazón de Espina & Delfín púidose entregar ao tratarse dunha gran cantidade, o que facilita telos identificados para poñelos en corentena antes da súa clasificación.