27 Xuñ Espina & Delfín colabora cos campamentos de verán de Cáritas
Espina & Delfín colabora con Cáritas Interparroquial de Santiago de Compostela para controlar a auga do albergue xuvenil de Arnela, en Porto do Son, onde a entidade organiza as colonias de verán.
Todos os anos, a empresa compostelá realiza unha análise completa e revisa a potabilidade da auga do pozo que se atopa nas instalación do campamento. O laboratorio de Espina & Delfín está especializado na realización de analíticas que aseguran o correcto control sanitario e calidade da auga.
Este verán, 256 nenos e nenas de entre 8 e 17 anos desfrutarán das colonias de verán de Cáritas. Desde a organización explican que os campamentos teñen unha duración de oito días e que están divididos en catro estancias, cada unha para un grupo de idade.
Espina & Delfín é o principal grupo galego que se ocupa do ciclo integral da auga, sector no que presta asistencia técnica, deseña, fabrica, constrúe e mantén infraestruturas diversas; ó tempo que xestiona servizos de abastecemento, saneamento e depuración. Multitude dos concellos de Galicia e empresas públicas e privadas confían en Espina & Delfín. A empresa tamén executa obra civil e opera en Portugal, Angola, Senegal, Colombia e Haití.