17 Dec Espina & Delfín apoia o comercio local repartindo entre os seus empregados vales de compra por importe de 4.000 euros
Espina & Delfín reparte entre os seus traballadores vales para consumir no comercio local. O obxectivo desta iniciativa de Nadal é apoiar aos pequenos establecementos. A empresa colaborou con: Santiago Centro, Xuntanza de Empresarios de Ames, Asociación de Empresarios Terra de Melide, Zona Aberta de Vilagarcía, Asociación Cambados Zona Centro, Federación de Comercio de Lugo, Asociación de Empresarios Sete Pontes de Vilalba, ACIA-CCA Burela, Federación de Comercio de A Mariña, Asociación de Empresarios de Verín, Centro Comercial Ponte Vella e o Concello de Allariz. En total, os vales entregados suman 4.000 euros.
Para conseguir un destes vales que regalou a empresa os empregados tiñan que gravar un pequeno vídeo realizando algunha acción para concienciar sobre o coidado da auga e do medio ambiente. Todos os participantes recibiron un vale de 100 euros, e os seis mellores, de 300. Estes cortos caseiros compoñen o vídeo de Nadal de Espina & Delfín, que xa dispoñible en Youtube, Twitter, LinkedIn e nesta web.
A administradora solidaria de Espina & Delfín, Rosa Blanca Rodríguez, explica como naceu esta iniciativa: “Este ano non imos poder facer a nosa tradicional festa de Nadal onde dedicábamos a mañá a diversas actividades deportivas e, a continuación, celebrábamos todos xuntos a nosa comida de Nada. Por iso, este ano queríamo facer algunha actividade a nivel interno para unirnos, como foi compartir os vídeos. Ao mesmo tempo, premiamos ao participantes e aportamos o noso gran de area ao comercio local dos municipios nos que estamos presentes”.