14 Dec Espina & Delfín afianza a súa internacionalización con tres novos contratos en Senegal e Haití
A empresa galega Espina & Delfín afianza a súa internacionalización ao conseguir tres novos contratos, un en Senegal e dous en Haití.
A Sociedade Nacional das Augas de Senegal (SONES) adxudicou recentemente a Espina & Delfín a construción dunha toma e un bombeo de auga e unha planta de tratamento de auga potable en Sant Louis. Este proxecto dotará á cidade senegalesa de Sant Louis dunha ETAP con capacidade para potabilizar 750 m3 de auga cada hora.
Ademais, a Dirección Nacional de Auga Potable e Saneamento de Haití (DINEPA) tamén confiou na empresa galega os contratos de subministro e instalación das redes de abastecemento de auga nos barrios de Haut du Cap e Petit Anse, na localidade de Cabo Haitiano. Nesta obras instalaranse un total de 58,10 quilómetros de tubaxes e levará auga potable ata 4.672 fogares haitianos.
Con estas adxudicacións, Espina & Delfín aumenta a súa presenza en Iberoamérica e abre delegación no citado país africano, que se suma ás de Angola, Colombia e Portugal. O negocio exterior xa representa actualmente un 20 % da facturación total do Grupo Espina & Delfín.
Con motivo deste proceso de consolidación internacional, Espina & Delfín acaba de lanzar o seu novo vídeo corporativo que se poder no seguinte enlace: