02 Set Espina & Delfín acolle a presentación do novo xogador do Monbus Obradoiro
Rosa Blanca Rodríguez e Óscar Rodríguez, Administradores Solidarios de Espina & Delfín e conselleiros do Monbus Obradoiro, foron os encargados de presentar ó novo xogador do equipo, Drago Bender, nas instalacións da compañía. Trátase do último fichaxe co que se completa a plantilla para esta tempada que, segundo calificou Oscar Rodríguez, “cremos que será moi competitiva, moi forte e moi ilusionante”.
Óscar Rodríguez sinalou que “este ala-pívot de 2,12 metros e 24 anos procede do Maccabi Tel Aviv, clube no que militou as últimas dúas temporadas. Na pasa campaña, o croata disputou soamente os partidos oficiais coa súa selección pois estivo a recuperarse da grave lesión de xeonllo que sufriu nas semifinais da anterior edición da Liga de Israel. Tralo seu paso pola Academia Nikola, o KK Split e o KK Ribola Kastela, con 16 anos de idade firmou un contrato de 7 tempadas co Maccabi, emigrando tras dous veráns á Estados Unidos ó resultar elexido polos Phoenix Suns na cuarta posición de draft da NBA. Despois de 4 tempadas e 187 partidos disputados -xogou tamén no Milwaukee Bucks e no Golden State Warriors- na competición americana, regresou ó club hebreo”.
Pola súa banda, o xogador detallou as súas primeiras impresións: “Levo só uns días aquí, pero de momento están indo moi ben. Estamos entrenando tódolos días. Vin un pouco a cidade e é bonita. Un sitio pequeño, pero gústame e estou moi cómodo. Sobre os entrenamentos, tamén están indo ben. Estes días están servindo para coñecer ós meus compañeiros, entrenadores e os sistemas de xogo”.
Cuestionado por como se está a sentir nestes primeiros entrenamentos trala súa lesión, Dragan destacou que “atópome moi ben. Nos entrenamentos non sinto dor nin ningún tipo de limitación. Agora mesmo creo que é só cuestión de recuperar a forma despois desta temporada sen xogar”.
E, que se atopou o novo xogador en Santiago? “Atopei un equipo novo, con xogadores con moito entusiasmo e moi competitivos. Gustoume moito estar nestos primeiros entrenamentos e coñecer aos meus compañeiros, ver como traballan. Temos xogadores moi novos no equipo e, coa axuda dos que xa teñen experiencia na Liga, prosperaremos moito nesta temporada. Por iso creo que será moi divertido ver a este equipo. Hai grandes xogadores e estou seguro de que seremos competitivos toda a temporada. É o que buscaba vindo aquí”.
Dragan explicou que coñecía ó Monbus Obradoiro antes de firmar: “A ACB é unha das mellores ligas de Europa e seguía ós equipos españois. Ademáis, os meus compañeiros de equipo tamén seguen esta competición. Coincidín con Angelo Caloiaro as dúas últimas temporadas e foi el quen me falou do Obra, da cidade e de todo o que rodea ó clube”.