TRABALLA CONNOSCO

 

 

O grupo Espiña & Delfín formámolo un equipo de 400 persoas cunha longa traxectoria profesional na compañía: a permanencia media supera os 15 anos. O noso obxectivo é fomentar a estabilidade laboral para crear emprego sostible e de calidade.

 

Traballamos achegando o mellor de nós mesmos en toda actividade relacionada co Ciclo Integral da auga, e as Obras Públicas. O noso compromiso vai máis aló do traballo, e susténtase na formación continua e especializada de cada departamento conforme ás necesidades internas, proxectos emerxentes,  evolución do sector, e da propia sociedade.

Se estás interesado en formar parte do noso equipo, envíanos o teu currículo ou consulta os nosos procesos de selección activos.