TRABALLA CONNOSCO

O grupo Espina & Delfín formámolo un equipo de 400 persoas cunha longa traxectoria profesional na compañía: a permanencia media supera os 15 anos. O noso obxectivo é fomentar a estabilidade laboral para crear emprego sostible e de calidade.

Traballamos achegando o mellor de nós mesmos en toda actividade relacionada co Ciclo Integral da Auga, e as Obras Públicas. O noso compromiso vai máis aló do traballo, e susténtase na formación continua e especializada de cada departamento conforme ás necesidades internas, proxectos emerxentes, evolución do sector, e da propia sociedade.

En aplicación dos fundamentos do II PLAN DE IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES DE ESPINA&DELFIN, S.L. garántese o acceso igualitario ao emprego na empresa entre as persoas que o solicitan, comprometéndose a non discriminar por sexo, idade, orixe, aparencia ou discapacidade.

Se estás interesado/a en formar parte do noso equipo, envíanos o teu currículo ou consulta os nosos procesos de selección activos.