FILOSOFÍA
grafica_espina y delfin-19

MISIÓN

 

A nosa misión principal ten como obxectivo a construción de obras públicas e hidráulicas e a xestión de servizos municipais de auga, contribuíndo así a crear unha contorna cun medio sostible que mellore a calidade de vida das persoas.

grafica_espina y delfin-12

VISIÓN

 

Destacamos no noso sector polo traballo ben feito e este é o noso obxectivo principal. Baseamos o noso traballo na calidade, a formación continua, a confianza, a superación e, sobre todo, a implicación persoal dun equipo humano formado e preparado para superar os maiores retos.

Os nosos catro piares para conseguilo sempre foron e serán:

 

Un equipo humano de alto rendemento.

 

Gran capacidade de resposta nas distintas áreas.

 

Formación específica para aportar solucións óptimas.

 

Procura da excelencia en cada proxecto.

grafica_espina y delfin-13

VALORES

 

O noso valor principal é o desenvolvemento profesional e persoal de cada un dos membros do noso equipo, e esta é a base do éxito acadado por Espina & Delfín nestes anos de traxectoria. Para conseguir este alto rendemento, baseamos a nosa filosofía de traballo en:

 

Aproveitar ao máximo o talento das persoas que forman o equipo.

 

Potenciar o traballo en equipo para obter o mellor resultado.

 

Apostar pola formación continua dos profesionais e incorporar perfís profesionais que sumen coñecementos aos equipos.

 

Fomentar a estabilidade laboral para crear emprego sostible.

 

O compromiso co medio ambiente é outro dos nosos valores; en cada proxecto ou obra que desenvolvemos está sempre presente como aspecto prioritario.

 

A aposta pola tecnoloxía de vangarda para lograr a evolución continua en procesos de traballo, produto final e calidade no servizo, transformándonos cada día nunha empresa máis competitiva.

 

Transparencia e honestidade cos nosos clientes para construír un clima de relacións altamente satisfactorio e unha confianza total no noso traballo e forma de ver os proxectos.

TRAXECTORIA
grafica_espina y delfin-14

Espina & Delfín S.L.

 

Espina & Delfín na década dos 70 co obxectivo de desenvolver sistemas de xestión dos distintos ciclos da auga, desde a captación no medio natural ata a evacuación ao medio receptor, despois de ser utilizada polas persoas. Todo isto tras ser transformada por distintos procesos de tratamento e depuración que asegurasen a súa potabilidade e a calidade do vertido.

 

O noso coñecemento basease na experiencia adquirida no deseño e construción de gran parte da infraestrutura hidráulica de Galicia, e a xestión do servizo de mantemento e xestión de máis de 50 municipios, para converternos nunha empresa diversificada que crece cada día máis.

 

Grazas á nosa traxectoria estamos recoñecidos como unha das empresas internacionais máis solventes no tratamento das augas residuais e na xestión municipal de augas, co fin de optimizar os recursos e fomentar un desenvolvemento sostible, o que nos ten levado a conquistar novos mercados e á expansión internacional.

 

O que sempre nos caracterizou desde o noso inicio como proxecto empresarial é a nosa aposta pola I+D+i no ámbito da calidade das augas, plasmada na nosa colaboración dentro do Plan Nacional de Investigación Científica e Desenvolvemento Tecnolóxico coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e coa Fundación Empresa Universidad Gallega (FEUGA)

ORGANIGRAMA
Organigrama de Espina & Delfín S.L.
EVOLUCIÓN
Medios Humanos

EQUIPO HUMANO

 

En calquera empresa de éxito, as persoas son as que o acadan sumando os seus coñecementos ao equipo en cada proxecto. Somos un equipo formado por máis de 300 persoas cunha longa traxectoria profesional e dotadas dunha cualidade: o compromiso co traballo.

 

Grazas a ese compromiso, traballamos aportando o mellor de nós mesmos en cada fase do proxecto de deseño e construción de todo tipo de instalacións e na xestión de servizos da auga.

 

O noso compromiso vai máis alá do traballo e nútrese da formación continua e especializada de cada departamento da empresa de acordo coa evolución do sector, necesidades internas, novos proxectos e ampliación de áreas, para conseguir mellores habilidades nos aspectos técnicos, de negocio e de xestión dos proyectos.

 

Basicamente esta formación continua céntrase na tecnoloxía, na seguridade e na prevención de riscos laborais supervisada por máis de 20 técnicos titulados.

Evolución volume de facturación MM €

RESULTADOS

 

A nosa capacidade de xestionar todo tipo de proxectos tenos permitido manter unha evolución económica positiva e sostida que garante a nosa solvencia económica. Soubemos xestionar este crecemento para sacarlle o maior rendemento a toda a estrutura empresarial, reinvestindo os resultados en formación, investigación, persoas e renovación tecnolóxica, o que nos aportou unha situación competitiva privilexiada.

INTERNACIONAL
Mapa de contrataciones internacionales Grupo Espina & Delfín, S.L.

INTERNACIONAL

 

Espina & Delfín apostou desde a súa creación pola proxección internacional, logrando contratos en países como Angola, Portugal e Colombia. Nestas rexións operou en solitario e con socios locais, conseguindo executar ata 34 grandes obras. A súa estratexia de expansión internacional, levouna a converterse nunha das poucas empresas españolas que fan construción hidráulica de ámbito internacional. Neste apartado, presentamos un mapa con algunhas das obras máis destacadas nestes países.

 

– ANGOLA – 17 proxectos – 30,8  millóns de euros

 

– COLOMBIA – 16 proxectos – 29 millóns de euros

 

– PORTUGAL – 9 proxectos – 22, 2 millóns de euros

RESPONSABILIDADE SOCIAL
grafica_espina y delfin-15

RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

 

En Espina & Delfín S.L. entendemos a responsabilidade social corporativa (RSC) como unha actividade máis, dentro do noso proxecto empresarial. Para nós é unha contribución moi activa enfocada a mellorar a calidade de vida da sociedade, sexa desde o punto de vista económico, ambiental ou defendendo os dereitos humanos. É algo voluntario que está na xenética da nosa empresa.

 

Canalizamos esta enerxía a través de tres piares:

 

1. Equipo

Xestionar os recursos humanos da empresa de forma responsable, promovendo a igualdade entre persoas, ofrecendo as mesmas oportunidades a todos, sen discriminación algunha, xerando un bo clima de traballo, formando profesionalmente aos noso equipos e desenvolvendo continuamente programas de prevención de riscos laborais. Isto fai que contribuamos a que as persoas que traballan na compañía melloren a súa vida laboral e persoal.

 

2. Clientes

Os nosos servizos están fundamentados principalmente na calidade e destacamos por ser honestos, transparentes e de confianza. Todo isto lográmolo grazas a unha selección minuciosa de provedores que encaixen coa nosa filosofía empresarial, os nosos compromisos e as nosas políticas corporativas. Principalmente, estamos interesados na xestión focalizada en minimizar os impactos negativos sobre o contorno social e ambiental, potenciando os efectos positivos. Mantemos uns estándares éticos sólidos (bo goberno, medidas anticorrupción e transparencia) nas relacións con outros axentes e nas operacións do día a día. Asumimos responsabilidades sobre produtos defectuosos, desenvolvemos programas de reciclaxe e usamos enerxías limpas e renovables.

3. Sociedade

O noso compromiso coa sociedade basease en formar parte activa no fomento do deporte base, xa que entendemos que é un dos piares que contribuirá ao desenvolvemento das persoas, tanto na súa educación, como na súa psicoloxía. Fomentamos proxectos de investigación, humanitarios e sociais que poidan axudar a mellorar o futuro da nosa comunidade.

 

  • DEPORTE

– Espina & Delfín S.L. forma parte do Patronato da Fundación Heracles que traballa na potenciación da práctica do baloncesto en Galicia a través das categorías base do Río Natura Monbús Obradoiro, equipo asentado na Liga Endesa. É un proxecto recente con proxección a longo prazo que destaca polo seu carácter social, xa que ofrece á canteira do equipo unha educación integral que abrangue tanto o eido físico como o psicolóxico.

 

– Colaboración co deporte base nas localidades nas que Espina & Delfín S.L. está establecida.

 

  • DOAZÓNS A PROXECTOS HUMANITARIOS E DE INVESTIGACIÓN

(Unicef, Biopsia Líquida, Cruz Roja, Asociación Española Contra el Cáncer)

 

  • COLABORACIÓN CON ENTIDADES BENEFICIAIS

Espina & Delfín colabora activamente con diversas institucións de asistencia social que prestan apoio aos grupos máis desfavorecidos (Banco de Alimentos Rías Altas, Sociedade de San Vicente de Paúl)

 

  • VISITAS DIDÁCTICAS ÁS NOSAS INSTALACIÓNS

Temos a disposición das organizacións educativas, como IES ou colexios, e outro tipo de asociacións, un protocolo para as visitas guiadas ás instalacións que xestionamos para coñecer “in situ” os procesos de depuración que nelas se producen.

 

  • PRESENZA ACTIVA EN ASOCIACIÓNS EMPRESARIAIS

Fomentamos o desenvolvemento da nosa comunidade e defendemos os intereses xerais do tecido empresarial galego CLUB FINANCIERO DE SANTIAGO, CÁMARA DE COMERCIO y APPECO

EMPRESAS DO GRUPO

GRUPO ESPINA & DELFÍN S.L.

 

Espina & Delfín, S.L é a empresa de referencia do Grupo Espina & Delfín, un conglomerado de empresas que abarcan todas as actividades do ciclo integral da auga.

ESPINA & DELFÍN S.L.

ESPINA & DELFÍN S.L.

Deseño e construción de obras hidráulicas.

Xestión de servizos municipais de auga.

 

Vía Édison, 9

Polígono Industrial del Tambre

CP 15890 – Santiago de Compostela

(A Coruña) – España

ESPINA & DELFÍN ANGOLA, S.L.

ESPINA & DELFÍN ANGOLA, S.L.

Deseño e construción de obras hidráulicas. 

 

Rúa Engrácia Fragoso

Ed. Kalunga Atrium, 1º Piso, Escritório nº 103

Luanda – Angola

ESPINA & DELFÍN COLOMBIA, S.L.

ESPINA & DELFÍN COLOMBIA, S.L.

Deseño e construción de obras hidráulicas. 

 

Carrera 19, nº 95-31. Oficina 511

Bogotá D.C. 

Colombia

FACTOR AMBIENTE, LTDA

FACTOR AMBIENTE, LTDA

Deseño e construción de obras hidráulicas. 

 

Centro de Negócios IDEIA – ATLÁNTICO CX 031

Toes  | CP 4719-005 

Braga – Portugal

FINDELGA, S.L.U.

FINDELGA, S.L.U.

Explotación e arrendamento de inmobles.

 

Vía Édison, 9

Polígono Industrial del Tambre

CP 15890 – Santiago de Compostela 

(A Coruña) – España

OBRAS Y CONDUCCIONES HIDRÁULICAS, S.L.

OBRAS Y CONDUCCIONES HIDRÁULICAS, S.L.

Construción de obras hidráulicas.

Xestión das redes de abastecemento de auga.

 

República Checa, 28

Polígono Costa Vella

CP 15890 – Santiago de Compostela 

(A Coruña) – España

 

Documentación da empresa do grupo “Obras y Conducciones Hidráulicas, S .L.”:

 

Certificado Gestión Calidad ISO 9001:2008
Certificado Gestión Ambiental ISO 14001:2004
Certificado Gestión de la Seguridad y Salud Laboral OHSAS 18001:2007
Política del Sistema de Gestión