Coñeza o seu consumo e compáreo co consumo medio por habitante.
Aínda que o consumo de auga potable varía segundo as condicións climáticas do terreo, os costumes do usuario, etc., mostrámoslles uns valores de referencia:
Lavadora: 120 l/día
Lavalouza: 40 l/día
Lavabo: 5 l/día
Ducha: 60-80 l/día
Baño: 200 l/día
Cisterna: de 10 a 12 l/día
Gastos xerais na cociña: de 5 a 8 l/día
Siga a evolución do seu consumo
Despois de coñecer o seu consumo actual, debe fixarse na súa evolución.
Revise periodicamente as instalacións interiores da súa vivenda: se non ten consumo, o seu contador debe estar parado, en caso contrario avise inmediatamente ao seu fontaneiro.
Unha billa mal pechada (goteando) gasta ata 130 l/día.
Medidas de aforro de auga
Pechar a billa mentres lave os dentes, se afeite ou se enxaboe.
Usar a ducha en lugar da bañeira e enxaboarse coa billa pechada.
Vixiar que as billas e cisternas non goteen.
Instalar difusores nas billas.
Non deixar escapar nin unha gota de auga limpa polo desaugadoiro.
Utilizar o WC só para a súa función e non como papeleira.
Utilizar a lavadora e o lavalouza só cando estean cheos.
Gardar unha botella de auga no frigorífico, en vez de esperar a que saia fría da billa.
Non utilice a auga para desconxelar os alimentos.
Regar as plantas con moderación e non regar en horas de calor intensa.
Aproveitar a auga do acuario ou de cocer ovos duros para o rego.
Instalar regos por goteo e practicar a xardinería ecolóxica con especies autóctonas.
Non lave en exceso o coche, unha vez ao mes é suficiente.