15 Mar Charla educativa na escola unitaria de Reis
Nuria González, analista de augas residuais de Espina & Delfín, visitou a escola unitaria de Reis (Pontevea) para impartir unha charla educativa sobre o ciclo integral da auga.
O alumnado coñeceu de primeira man como é o ciclo integral da auga, desde a súa captación ata a súa devolución ao medio natural co mínimo impacto ambiental. Para iso, Nuria González realizou en directo un ensaio de floculación dun río con auga moi turbia polas choivas e os estudantes puideron comprobar como ao engadirlle reactivos, a auga se clarificaba. Tamén lles mostrou como funciona un sistema de filtración mediante filtros de area e explicoulles porqué necesitamos engadir cloro para finalizar o proceso de potabilización.
Por outra parte, Nuria González aproveitou a visita para falarlles da problemática que causa tirar toalliñas polo retrete nas redes de saneamento e nas depuradoras e tamén o aceite.
Por último, ensinoulles lodos deshidratados dunha depuradora e as súas posibles utilidades.