MEDIO AMBIENTE
A conservación e o respecto polo medio ambiente están presentes en todas as decisións de negocio; para ser coherentes coa nosa política de empresa, centrada en preservar o medio, comprometémonos a certificar os nosos procesos por completo.
O 100% do lodo xerado durante o ano 2020 valorizouse sendo o seu destino final: compost (69,06%) e elaboración de chans tecnolóxicos (30,94%).
A evolución da xeración de lodos nos últimos anos foi a seguinte:
2016 > 14.727,36 t
2017 > 17.770,13 t
2018 > 17.017,68 t
2019 > 16.805,93 t
2020 > 19.011,11 t
Se conseguiu un aumento medio do 2% da materia seca sobre o total do lodo fresco xerado, o que supuxo unha diminución do residuo (auga presente no lodo) de aproximadamente 38 t. Esta redución supuxo unha redución de CO2 e combustible ligado ao transporte, ademais dun lóxico aforro nos custos.
Isto foi posible grazas a unha serie de feitos:
1º.- Maior implicación do persoal de EDAR’s encargado das funcións de secado e deshidratación dos lodos en relación coa optimización dos equipos para o tratamento destes residuos na instalación.
2º.- Probas a nivel de laboratorio complementadas con ensaios in situ nas EDAR’s de novas gamas de axentes coagulantes de última xeración, principalmente do tipo polímeros “reticulados”.
3º.- Seguimento das actuacións e análise dos resultados obtidos por Técnicos de Explotacións.