13 Xan Benito Rodríguez Fernández, novo director de Laboratorio de Espina & Delfín
O compostelá Benito Rodríguez Fernández foi nomeado novo director de Laboratorio de Espina & Delfín. A empresa continúa así a súa aposta polo talento local.
Benito Rodríguez (Santiago de Compostela, 1973) é licenciado en Química Analítica pola Universidade de Santiago de Compostela e posúe unha dilatada traxectoria como responsable de xestión de laboratorios. Ata o momento, era o xefe do departamento dos laboratorios A Coruña (Medio Ambiente) e Sines, Portugal (Combustibles) en Applus Norcontrol, SLU.
Tras esta etapa, incorpórase a Espina & Delfín co obxectivo de impulsar o laboratorio da empresa compostelá como un área estratéxica do seu negocio que permite asegurar a calidade dos seus servizos. Faino tras a xubilación do anterior director, Carlos Aymerich.
No seu novo posto Rodríguez encargarase de dirixir un laboratorio especializado no análise de augas de consumo e residuais, cuxa principal actividade é dar apoio nos 50 concellos galegos onde a empresa presta servizos. Tamén será o máximo responsable nos procesos de renovación ou ampliación das acreditacións ante a Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).