Aviso Legal

 

O presente aviso legal regula o uso do sitio web https://www.espinaydelfin.com propiedade de ESPINA & DELFIN S.L. (en diante A PROPIEDADE), con enderezo na Vía Edison, nº 9 do Polígono Industrial do Tambre, 15890, Santiago de Compostela (A Coruña). Tfno. + (34) 981 582 000; fax +(34) 981 588 056.

1. Información legal e aceptación

O uso do sitio web http://wwww.espinaydelfin.com éxese polas normas establecidas no presente Aviso Legal e empregar o sitio web implica a aceptación de todas as súas condicións. O usuario queda informado e acepta que o acceso á presente web non supón, de ningún xeito, o inicio dunha relación comercial ou doutro tipo coa propiedade.

2. Política de Privacidade. Protección de datos

Os datos solicitados a través dos formularios de recollida de datos do presente sitio web serán incorporados a un ficheiro automatizado de datos de carácter persoal do que é responsable a propiedade. A mesma tratará os datos de forma confidencial e exclusivamente coa finalidade de xestionar a relación cos seus clientes no sentido da Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal. Así mesmo, a propiedade cancelará ou borrará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixen de ser necesarios ou pertinentes para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación en materia de protección de datos.

 

O usuario garante que os datos persoais facilitados á propiedade son veraces e correctos, facéndose responsable de comunicar a esta calquera cambio nos mesmos.

Poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixíndose por escrito a:

 

ESPINA E DELFIN S.L.

Att. Responsable L.O.P.D.

Vía Edison, nº 9 – Pg. Ind. do Tambre

15890 – SANTIAGO DE COMPOSTELA

E-mail: lopd@espinaydelfin.com

3. Dereitos de Propiedade Intelectual

1.- O contido desta web é propiedade de ESPINA E DELFIN S.L.

 

2.-As marcas, nomes comerciais, distintivos ou logos do sitio web son titularidade da propiedade ou de terceiros, sen que poida entenderse que o acceso ao sitio web atribúa ningún dereito sobre os mesmos.

4. Contidos

ESPINA E DELFIN S.L. procura que os contidos sexan da maior calidade posible e estean razoablemente actualizados. O usuario que accede ao presente sitio web exonera á propiedade de calquera responsabilidade en relación á fiabilidade, utilidade ou falsas expectativas que este sitio web puidese producirlle.

 

O usuario recoñece que a información incluída nos contidos non pode ser considerada como unha alternativa ás disposicións vixentes.

 

A propiedade non se responsabiliza das decisións tomadas a partir da información facilitada no sitio web nin dos danos e prexuízos producidos no usuario ou terceiros con motivo de actuacións que teñan como único fundamento a información obtida no presente sitio web.

5. Limitación de responsabilidade

1.- A propiedade non ofrece garantías de ningunha clase en canto ao funcionamento do presente sitio web ou á información contida no mesmo, nin será responsable dos danos ou prexuízos, de calquera índole, que poidan derivarse do seu uso.

 

2.- A propiedade manifesta que este sitio web dispón da tecnoloxía axeitada para permitir o acceso e emprego da mesma. Non entanto, non se responsabiliza pola eventual existencia de virus ou outros elementos nocivos, introducidos por calquera medio ou por calquera terceiro, que poidan producir alteracións nos seus sistemas informáticos.

 

3.- Así mesmo, a propiedade exclúe toda responsabilidade pola licitude, contido e calidade dos datos e informacións ofrecidos por terceiras entidades a través do presente sitio web.

6. Enlaces hipervínculos

1.- Os titulares doutros sitios web que desexen crear unha ligazón a http://wwww.espinaydelfin.com comprométense a non realizar manifestacións falsas, inexactas ou incorrectas que poidan inducir a erro ou, en xeral, que sexan contrarias ás leis.

 

2.- A ligazón unicamente vinculará coa páxina principal do sitio web pero non poderá reproducila de ningún xeito (en liña, ligazóns, copia dos textos, gráficos, etc). Quedará en todo caso prohibido, de acordo coa lexislación aplicable e vixente en cada momento, establecer frames ou marcos de calquera tipo que envolvan ao sitio web ou permitan a visualización dos contidos a través de enderezos de internet distintos aos do sitio web.

 

3.- A páxina que estableza a ligazón deberá cumprir fielmente coa lei e non poderá en ningún caso dispor ou enlazar con contidos propios ou de terceiros que:

 

(I) sexan ilícitos, nocivos ou contrarios á moral e aos bos costumes (pornográficos, violentos, racistas, etc.);

 

(II) induzan ou poidan inducir no usuario a falsa concepción de que a propiedade subscribe, se adhire ou de calquera xeito apoia as ideas, manifestacións ou expresións, lícitas ou ilícitas, do remitente;

 

(III) resulten inadecuados ou non pertinentes coa actividade da propiedade en atención ao lugar, contidos e temática da páxina web do remitente.

 

4.- A inclusión de ligazóns en http://wwww.espinaydelfin.com non implica necesariamente que a propiedade manteña relacións mercantís ou vínculos asociativos co titular do sitio web na que se estableza a ligazón.

 

5.- A presenza de ligazóns ten unha finalidade meramente informativa. ESPINA & DELFIN S.L. non se responsabiliza do contido dos sitios, cuxas ligazóns publicamos nesta web.

7. Lexislación aplicable

As relacións entre a propiedade e os usuarios do presente sitio web atópanse sometidas á lexislación e xurisdición españolas, rexéndose o presente aviso legal en todos e cada un dos seus extremos pola devandita lei.