17 Xuñ Alumnado do colexio de Corme visita as instalacións municipais do servizo de Ponteceso
Esta semana, as concellerías de Turismo e Medioambiente do Concello de Ponteceso e o CEIP As Forcadas, en colaboración con Espina & Delfín, organizaron dúas xornadas sobre o ciclo integral da auga para o alumnado de terceiro a sexto do colexio de Corme.
A primeira delas consistiu nunha presentación teórica sobre o ciclo integral da auga e as estacións que o compoñen. Estivo a cargo do xefe do servizo municipal de auga de Ponteceso, Cristian Rial.
Na segunda xornada, o alumnado puido visitar in situ as Estacións de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Anllóns e Corme, a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Ponteceso e o bombeo de Anllóns.
O obxectivo desta actividade foi que os escolares puidesen coñecer de primeira man as instalacións municipais e concienciarse e sensibilizarse sobre o coidado da auga e o medioambiente.