Os alumnos de 6º de Primaria do CEIP Arealonga visitaron as dúas principais instalacións municipais do servizo de augas de Vilagarcía de Arousa.
Unha xornada práctica para o alumnado onde coñeceron o funcionamento da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) e a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), ademais da importancia que estas teñen para a zona.