31 Out A importancia de reciclar aceite
O aceite é un recurso contaminante e prexudicial para o medio ambiente e máis da metade do que se usa non se recicla correctamente. ¿Cantas veces tiraches o aceite directamente da tixola ao vertedoiro? ¿Sabías que botar o aceite doméstico polo vertedoiro pode contaminar 1.000 litros de auga potable?
Esta é unha acción cotiá nos fogares, pero ¿que ocorre cando o aceite termina nos sumidoiros?
- Produce atascos nas tubaxes.
- Xera malos olores.
- Contribúe á reprodución de bacterias.
- Incrementa o traballo das depuradoras.
Pero, se chega aos ríos, contamina a auga e forma unha película superficial que afecta ao intercambio de osíxeno e prexudica aos seres vivos do ecosistema.
¿Onde se pode reciclar o aceite?
No punto limpo do teu municipio ou nos contedores urbanos específicos para o aceite. O aceite pódese gardar en botellas de plástico e despois levalo ao contedor correspondente.
Unha segunda vida para o aceite reciclado
Co aceite reciclado diversas industria aproveitan este residuo para elaborar: cera, cremas, deterxentes, xabóns, velas, etc.