Visita dos alumnos do obradoiro de emprego SETE FONTES á ETAP de Carnota e Muros

O pasado 10 de maio recibimos a visita dos alumnos do taller de emprego “Sete Fontes” do Concello de Muros na E.T.A.P. da Mancomunidade dos Concellos de Carnota e Muros. Este programa de emprego e formación imparte o Certificado de Profesionalidade de Interpretación e Educación Ambiental.

O persoal técnico encargado da planta de tratamento de auga potable, xestionada por Espina e Delfín, guiounos nun percorrido polas instalacións. No transcurso da visita explicáronlles o funcionamento do ciclo integral da auga, dende a súa captación ata as fases posteriores de tratamento, almacenamento e distribución polas que pasa.



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies