Política de Xestión

O modelo de negocio de ESPINA & DELFÍN, S.L. está fundamentado na construción de obras hidráulicas e na xestión do ciclo integral da auga, é dicir, a captación, o transporte, a potabilización e a distribución de auga potable, así como a recollida, a depuración de auga residual, a reutilización e, finalmente, a súa devolución ao medio natural co mínimo impacto ambiental.

A Dirección é consciente de que as actividades que a organización leva a cabo son esenciais para a sociedade e o medio ambiente, polo que considera prioritario garantir que estas se desenvovlan coa maior calidade, seguridade, eficacia e eficiencia. Por iso, implantou un sistema de xestión integrado de prevención de riscos laborais (prevención de danos e deterioro da saúde dos traballadores), calidade, medio ambiente, seguridade alimentaria e enerxía que dé soporte e axude a lograr unha mellora continua, baseándose nestes principios de actuación:

  1. A nosa filosofía é facer compatible a protección do medio ambiente coa eficacia do negocio, esforzándonos en previr a contaminación e minimizando o impacto ambiental asociado ás nosas actividades, promovendo en todo momento un uso racional dos recursos e a mellora da nosa xestión enerxética. (a mellora da eficiencia enerxética no desempeño do noso labor).
  2. Tomando como punto de partida o estrito cumprimento da lexislación vixente, Espina & Delfín, S.L. persegue a satisfacción dos requisitos dos seus clientes, garantindo a máxima calidade e seguridade dos nosos produtos, así como de calquera outro requisito relacionado coa prevención de riscos laborais, a calidade, o medio ambiente, a seguridad alimentaria e a energía que suscriba a organización.
  3. O seguimento e control dos procesos e actividades en base a indicadores, obtendo información cuantificable que contribúa a poñer en marcha actuacións que melloren os nosos produtos, servizos e procesos de xestión.
  4. Preténdese camiñar cara á calidade total a través da implicación de todo o persoal, debendo ser un obxectivo de calquera persoa “a norma de facer as cousas ben á primeira”, independentemente da tarefa que se realice, e tratando de que a calidade non se controle, senón que se xere, converténdose nun hábito. O sistema debe traballar sobre a prevención dos defectos máis que sobre a súa corrección, poñendo especial interese en manter controlados os procesos, de forma que poidan reducirse paulatinamente os controis finais dos produtos e servizos.
  5. Compromiso de prevención de danos e de deterioro da saúde dos traballadores.
  6. Incorporación de criterios enerxéticos na adquisición de produtos, equipos e servizos, co fin de mellorar a eficiencia enerxética da organización.
  7. Asegurar a dispoñibilidade da información e de todos os recursos necesarios e posibles para a consecución dos obxectivos de mellora fixados.
  8. Establecer as comunicacións necesarias, tanto interna como externamente, para asegurar a dispoñibilidade por parte de todos os implicados da información relativa á calidade e á inocuidade do produto e ao compromiso ambiental, enerxético e de seguridade e saúde laboral da organización.

Esta política é o marco de referencia para establecer e revisar os obxectivos do sistema de xestión, sendo revisada anualmente para a súa continua adecuación.

Política do Laboratorio

A política de calidade da Dirección do laboratorio é cumprir a súa misión con idoneidade, aplicando boas prácticas profesionais (responsabilidade, transparencia, confidencialidade, imparcialidade) para garantir a calidade dos ensaios solicitados polo cliente:

    1. Asegurando o compromiso de todo o persoal do laboratorio incluído no alcance de acreditación, co cumprimento das políticas e procedementos establecidos para garantir que o sistema de xestión sexa entendido, implementado e mantido.
    2. Garantindo a satisfacción dos requisitos do cliente, tanto legais como regulamentarios, coa correcta execución dos ensaios que se desenvolven no laboratorio.
    3. Mantendo e mellorando continuamente o sistema de xestión de calidade aplicable aos ensaios realizados no laboratorio e en cumprimento da norma UNE-EN ISO/IEC 17025.

A Dirección da empresa asume a responsabilidade de motivar e formar aos seus empregados no coñecemento e cumprimento desta política, proporcionándolles a formación e os medios necesarios para o desempeño das súas funcións.


Aso. Amador Mosquera Liste

Director Xerente

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies