INSTALACIÓNS

OFICINAS

SEDE Y OFICINAS

 

A nosa sede central está situada no Polígono Industrial do Tambre, en Santiago de Compostela. Nunhas instalacións de 9.500 m2 aséntase a base da nosa estrutura humana e técnica.

 

No edificio, ademais dos departamentos de enxeñería, laboratorios e talleres, está a parte principal do noso parque de maquinaria e parque móbil formado por máquinas de recente adquisición e de avanzada tecnoloxía.

TALLERES

 

Como exemplo de vangarda tecnolóxica posuímos os talleres electromecánicos e de caldeirería máis avanzados da nosa comunidade, que dotan á empresa de total autonomía e garanten unha resposta rápida, eficaz e económica en situacións de emerxencia.

VEHÍCULOS

 

Cun extenso parque de maquinaria, na súa maior parte de recente adquisición, a nosa empresa posúe a infraestrutura necesaria para facer fronte a calquera tipo de obra pública. Na seguinte táboa achégase unha pequena descrición dalgún dos elementos que a compoñen

LABORATORIO

Laboratorios Espina & Delfín

 

Outro dos puntos fortes das nosas instalacións son os nosos laboratorios, grazas aos que podemos realizar un control permanente de todos os procesos e asegurar a calidade sanitaria das augas subministradas nos nosos puntos de abastecemento, ademais de permitirnos efectuar o seguimento dos vertidos das augas residuais depuradas.

 

Na sede central de Santiago de Compostela dispoñemos dun laboratorio especializado propio para realizar as determinacións analíticas que aseguren o correcto control sanitario e a calidade da auga subministrada nos puntos de abastecementos, así como os parámetros de vertido das augas residuais depuradas.

 

O laboratorio está certificado pola AENOR seguindo o estándar de calidade UNE-EN ISO 9001 (número de rexistro ER-0490/1/98). E obtivo a acreditación que recoñece a súa competencia técnica para realizar probas de augas residuais de acordo coa Norma UNE-EN ISO / IEC 17025: 2005. Esta acreditación foi outorgada pola Entidad Nacional de Acreditación (ENAC) (ENAC) e completa as credenciais de ISO 9001: 2008 e ISO 14001: 2004 obtidas en 1998 e 2002, respectivamente.

 

> Acreditación UNE-EN ISO/IEC 17025

 

Ademais do anterior e en cumprimento da regulamentación sobre o particular, os nosos laboratorios están acreditados para a realización de análises de control para determinar a POTABILIDADE das augas de consumo público ante a Dirección Xeral de Saúde Pública do Ministerio de Sanidad y Consumo (Madrid) e no Rexistro Galego de Laboratorios Autorizados para a realización de determinados ensaios de control de produtos alimentarios relacionados co consumo humano, da Dirección Xeral de Saúde Pública (Consellería de Sanidade – Xunta de Galicia) co número de registro 070/GA.

 

Para dar cumprimento á regulamentación sanitaria vixente nestes momentos e recollida no Real Decreto 140/2003, ESPINA & DELFIN S.L. dispón ademais de 18 laboratorios portátiles, un en cada cabeceira de servizo, cos que é posible realizar “in situ” as determinacións dos parámetros lexislados.

Ademais do persoal adscrito con carácter fixo ao laboratorio central, Espina & Delfín ten asinados convenios de colaboración con diversos centros educativos cuxo obxectivo é desenvolver na  empresa unha parte do programa formativo dos alumnos dentro do sistema educativo e dos ciclos superiores universitarios, no campo de control sanitario das augas de consumo e vertidos de augas residuais.

 

ORGANISMOS EDUCATIVOS COS QUE Espina & Delfín TEN SUSCRITOS CONVENIOS DE COLABORACION:

 

– UniversidadE de Santiago de Compostela (U.S.C.)

 

– Centro de Orientación, Formación E EmpReo de la Confederación de Empresarios de Galicia

 

– Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de la Xunta de Galicia

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies