ESPINA Y DELFIN S.L., é poseedora do Certificado do “Rexistro de Empresa”, de acordo coa norma UNE-EN ISO 9001:2008 e dispón dun sistema de xestión ambiental certificado segundo a Norma UNE-EN ISO 14001:2004, amba-las dúas concedidas por AENOR.
A Dirección de ESPINA E DELFIN S.L., decide desenrolar, implantar e manter na empresa un Sistema de Aseguramento da Calidade que sexa eficaz e axeitado ás súas necesidades.
Os motivos da súa implantación son:
- Satisfacer as necesidades dos clientes.
- Asegurar a posición nos mercados.
- Mellorar de xeito constante nos procesos, produtos e servizos.
Preténdese camiñar cara á calidade total a través da implicación de todo o persoal, debendo ser un obxectivo de calquera persoa a norma de facer as cousas ben á primeira, independentemente da tarefa que se realice, e tratando de que a calidade non se controle, senón que se produza, converténdose nun hábito.
A actividade de ESPINA E DELFIN S.L., íntimamente relacionada co ciclo integral da auga, determinou que a súa filosofía sexa sempre a de facer compatible a protección do Medio Ambiente coa eficacia do negocio.
ESPINA Y DELFIN, S.L. considera que o mellor xeito de manter, mellorar e garantir o éxito desta filosofía de traballo é establecer formalmente un Sistema de Xestión Ambiental.