Espina & Delfín distingue aos traballadores que cumpren 25 anos de servizo

O pasado 21 de decembro Espina & Delfín celebrou o seu tradicional xantar de Nadal, durante o que tivo lugar unha homenaxe aos nove traballadores que durante 2018 cumpriron 25 anos de servizo na empresa. En agradecemento á súa labor e dedicación os administradores da firma, Óscar e Rosa Blanca Rodríguez, entregaron a cada un deles unha placa conmemorativa.

Os homenaxeados foron: José Latas Moimenta, Eduardo Pampín Castro, Dosinda Pereira Reiriz, Baldomero Vázquez Maneiro, Carlos Amenedo Villar, Xoan Carlos Vila Liñares, Ofelia Rey Rodríguez, Enrique Castro Rodríguez e Xosé González Mariño.

No mesmo xantar entregáronse as medallas aos gañadores dos torneos de fútbol e pádel que se disputaron durante esa xornada.