Despedida de José Puga, José Antelo e Jesús Chenel

Varios traballadores de Espina & Delfín, acompañados por Óscar e Rosa Blanca Rodríguez, administradores da compañía, reuníronse o pasado venres 24 de maio no restaurante compostelán A Calzada de San Marcos para despedir a tres dos nosos compañeiros pola súa xubilación.

Os homenaxeados foron José Puga, empregado do Servizo de Augas de Padrón, José Antelo, do departamento de Obra Hidráulica, e Jesús Chenel, traballador do taller de Espina & Delfín. En agradecemento a estes anos de esforzo e dedicación, Óscar e Rosa Blanca Rodríguez fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa e un obsequio a cada un deles.

 



Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies