SISTEMA INTEGRADO DE XESTIÓN

CALIDADE

A excelencia é un dos nosos obxectivos, por iso nos esforzamos día a día por mellorar e responder ás esixencias do contorno. Preocupámonos pola busca continua da innovación, a seguridade e a tecnoloxía máis eficiente, ademais de poñer a disposición dos nosos clientes un equipo de profesionais altamente cualificado para resolver as dúbidas máis frecuentes.

MEDIO AMBIENTE

A conservación e o respecto polo medio ambiente están presentes en todas as nosas decisións empresariais; para ser coherentes coa nosa política de empresa, centrada en preservar o medio, comprometémonos a certificar os nosos procesos por completo.

 

Durante o 2017 o principal aspecto ambiental significativo foi a xeración de lodos procedentes das EDAR xestionadas, chegando a un volume de 17.770 t, o que significou un aumento do 20% respecto ao ano anterior, principalmente debido á incorporación de novas instalacións e a expansión das redes de saneamento existentes.

 

A evolución da xeración de lodos nos últimos anos foi a seguinte:

 

2016 > 14.727,36 t

 

2017 > 17.770,13 t

 

2018 > 17.017,68 t

 

A cantidade total de lodos producidos no último ano 2018 foi de 17.017,68 t. A cifra é semellante á resultante do ano anterior, por manterse sen cambios o número de instalacións en explotación. Non obstante, é relevante ter acadado un aumento medio do 2% da materia seca sobre o total do lodo fresco xerado, co que se conseguiu unha diminución do residuo (auga presente no lodo) de aproximadamente 50 t. Esta redución supuxo, ademais dun lóxico aforro nos custos de transporte e de xestión dos lodos, a diminución do volume de residuo xerado.

 

Isto foi posible grazas a unha serie de feitos:

 

1º.- Maior implicación do persoal de EDAR encargado das funcións de secado e deshidratación dos lodos en relación coa optimización dos equipos para o tratamento destes residuos na instalación.

 

2º.- Probas a nivel de laboratorio complementadas con ensaios in situ nas EDAR de novas gamas de axentes coagulantes de última xeración, principalmente do tipo polímeros “reticulados”.

 

3º.- Seguimento das actuacións e análise dos resultados obtidos por Técnico de Explotacións.

 

O 100% do lodo xerado durante o ano 2018 valorizouse sendo o seu destino final: compost (68,5%), chans tecnolóxicos (30%) e fertilizantes agrícolas (1,5%).

PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

A nosa filosofía en prevención de riscos laborais basease en concienciar a todo o equipo de que a seguridade no traballo é tamén responsabilidade de cada persoa, en transmitirlles que todos somos son corresponsables da nosa seguridade e da das persoas que dependen de nós. Esta cultura, orientada á aplicación efectiva de todas as medidas de prevención establecidas, permite alcanzar índices moi baixos de accidentes laborais.

 

A colaboración coas contratas que traballan nas nosas instalacións é outro dos piares sobre os que se sustenta a política preventiva das nosas empresas. O grupo leva a efecto un ambicioso plan de auditorías e formación a contratas, dirixido a garantir os estándares de calidade establecidos pola sociedade e enfocado directamente a minimizar os riscos nos nosos centros de traballo.

CICLO DA AUGA

O Ciclo Integral da Auga

 

O ciclo integral da auga é a expresión que define o percorrido da auga desde a súa captación en estado bruto na natureza ata a súa dispoñibilidade potabilizada nos nosos fogares, e completándoo ao reintegrarse convenientemente depurada á natureza.

 

Desde a súa captación en mananciais, pozos, encoros, etc., pasando polas estacións de tratamento de auga potable, onde é sometida a esixentes controis, a auga transpórtase ata os depósitos das distintas poboacións para o seu almacenamento e, mediante sistemas de distribución, é servida ao usuario.

 

Unha vez consumida, a auga residual canalízase a través das redes de sumidoiros ata as estacións depuradoras de augas residuais, que as reintegran con toda clase de garantías ao medio natural.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies