Espina y Delfin presenta en Gondomar o programa educativo “Coñecemento e concienciación do ciclo integral da auga”

Con motivo da celebración do Día Mundial da Auga, Espina y Delfín presentou en Gondomar o programa educativo “Coñecemento e concienciación do ciclo integral da auga”, dirixido a escolares de 4º, 5º e 6º de Primaria.

Priscila Artiga, técnica de depuración de Espina y Delfín, foi a encargada de impartir charlas informativas aos centros escolares do Concello de Gondomar. O día 22 de marzo realizou a actividade no CEIP Serra de Vincios e no CEP Xosé Neira Vilas, e o luns 25 de marzo visitou o CEIP Souto Donas e o CEIP Chano Piñeiro.